domingo, julio 29, 2007
"Carneiro ó Espeto" Moraña 2007
Festa gastronómica de gran repercusión en toda Galicia. Destaca pola súa peculiaridade, pois é a única destas características que se celebra en Galicia, tendo o Cordeiro ("Carneiro") como estrela culinaria. A forma da súa preparación remóntase ós anos vinte, cando un morañés xubilado retornado de Arxentina, xunto a un mozo arxentino, preparan varias comidas campestres nas ribeiras do Umia, asando os carneiros ó estilo campeiro. O éxito foi rotundo e convertiuse nunha tradición típicamente morañesa ó longo dos anos, degustándose en tódalas celebracións (bautizos, bodas, festas patronais, etc.), o que decidiu ós responsables da creación da festa da Xuventude (Concello e xoves de Stª Lucía) a organizar unha festa gastronómica baseada no éxito do Carneiro ó Espeto, como acto central de tales celebracións, e que pronto co transcurso dos anos, se convertiría nunha das celebracións gastronómicas máis renomeadas na Comunidade Galega, atraendo a cada vez maior número de comensais. A festa do Carneiro ó Espeto celébrase nun marco incomparable, a carballeira de Stª Lucía; nela asan os carneiros abertos en canal e en forma de doble cruz sobre unha estructura de ferro, dispoñéndose en círculos (a un metro) das distintas brasas de madeira de carballo. Ásanse de forma lenta, máis de oito horas, despoxándose así de toda a graxa. Esta labor require unha man de obra especializada coñecedora dun ritual que gardan con gran secreto.Os organizadores colocan previamente ó día da celebración e repartida por boa parte da carballeira, as mesas e sillas para grupos de 20-30 persoas, podendo xuntarse un total de 3.000 persoas á hora da comida. Estes grupos de persoas teñen que encargar con anticipación o lote consistente no Carneiro ó Espeto, 2 empanadas, 16 litros de viño, pan e café (por un importe total de 250 euros), e facer acto de presencia sobre as 14.00 h. no sorteo do lote e as mesas. O espíritu do lote, a confraternización entre as persoas compartindo manxar en comunidade nun marco idílico, alimenta a filosofía da celebración. Tamén a xente que non encarga as mesas e lotes con antelación, pode acercarse a degusta-lo carneiro en racións que se reparten no bar que a comisión de festas ten na propia carballeira, ou acercarse a algún dos moitos establecementos hosteleiros que ese día ofrecen a degustación de tan sabroso manxar. Con todo elo, o subsodito domingo no que se celebra o Caneiro ó Espeto, Stª Lucía , está materialmente invadida de xente, oriundos ou visitantes, que van come-lo Carneiro,ou simplemente a sumerxirse no ambiente festivo, variopinto e multicolor que desemboca na celebración na tarde noite de actuacións de música e bailes típicos. Hai que destacar así mesmo, que os días anteriores á celebración reina do Carneiro ó Espeto, organízanse toda unha serie de actos culturais, deportivos, etc. que fan as delicias dos residentes e visitantes e que ó chega-la noite están amenizados por verbenas baixo a Carballeira.
Fuente:www.morana.org
Foto: VCP
viernes, julio 27, 2007
25 de xullo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)