jueves, mayo 03, 2007
Festa dos Maios en Pontevedra
Esta conmemoración de orixe celta goza de grande tradición en toda Galiza, sendo especialmente festexada en Pontevedra. É unha celebración relacionada co espertar da natureza e coa chegada do bo tempo. A festa estivo en decadencia ata que se recuperou a partir de 1970. Desde entón, todos os anos, o Concello de Pontevedra organiza na praza da Ferrería un concurso no que se premian os mellores maios. Estas creacións están formadas por unha figura cónica, cuberta con ramallos, flores, froitas, ovos... arredor das que un grupo de nenos e nenas cantan en roda golpeando uns paus para marcar o compás. O que ten mellor voz canta debaixo do maio. Os maios de Pontevedra son dos máis coñecidos polas súas vistosas obras de arte vexetais e pola retranca das súas coplas que loan a primavera e fan referencia aos acontecementos do último ano.
Info: www.concellopontevedra.es/
Foto: VCP
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario